Ola a todos os amigos e amigas do románico,
Informarvos que dispoñemos dunha nova web:
http://romanicodechantada.org/
Visitádenos!
viernes, 19 de octubre de 2012
lunes, 17 de septiembre de 2012
XAIME DELGADO GÓMEZ, POST MORTEM. Por XOSÉ LOIS GARCÍA
A secretaria da Asociación de Amigos do
Románico da Comarca de Chantada, remata de darme a noticia, triste noticia para
todos, do pasamento do sacerdote e iconógrafo, Xaime Delgado Gómez (1933-2012),
natural de Castelo (Taboada), espazo inscrito á demarcación comarcal na que se
asenta esta Asociación. A desaparición física de Xaime Delgado, pode que nos
leve nestes momentos a unha fondal reflexión de toda unha vida dedicada a arte
sacra e, en concreto, á da diocese de Lugo. Toda unha vida de entrega e de
investigación que puxo luz onde só había tebras e proclamou certos reparos onde
só había esquecemento e destrución. Só por isto merece lembralo e ter presente
toda unha ampla nomenclatura de escritos nos que teñen respiro monumentos
outrora marxinados.
Neste concerto, Xaime Delgado ten un perfil sedutor
en todo aquilo que tratou con amor e decencia sobre interpretacións
iconográficas. Este don non lle veu só por estudar no “Pontificio Instituto di
Archeología Cristiana” de Roma, ou por
ocupar diversos cargos dentro do organigrama da diocese sobre temas de
patrimonio, veulle por ser unha persoa sensíbel, persuasiva e leal a un método
de descuberta comparativa que, no seu caso, deu estimulantes froitos.
Podemos estar de acordo ou non con certas
concrecións e interpretacións, incluso aseveracións, que nos deixou Xaime
Delgado, mais o que nunca endexamais podemos negarlle é o seu incansábel labor
de investigación. Aquí radica a súa perseveranza e, tamén, a ousadía de
levarnos a certos temarios da arte románica, moitos deles sen resolver,
dándolles prioridade e destaque en ocasións ben concretas.
Xaime Delgado foi un precoz e dinámico
estudoso que o temos que enmarcar no contexto dese amplo mosaico do patrimonio relixioso
do bispado de Lugo. Foi un fiel seguidor doutro douto sacerdote e grande
iconógrafo, Francisco Vázquez Saco (1897-1962), de non esquecida memoria. Tanto
Vázquez como Delgado, foron dous relixiosos con referentes moi relevantes no
que toca a un escenario sen explorar, como é o noso románico. Eles puxeron os
alicerces para abrir fendas nun espazo tan esquecido como é a arte relixiosa
medieval.
Foise Xaime Delgado Gómez, mais a súa obra e
os seus esforzos van manter viva esa dinámica de superar carencias e emerxer para
determinar certos e determinados casos nos que está presente a nosa
iconografía. El asentou certos piares, agora falta que os consolidemos.
viernes, 14 de septiembre de 2012
Falece Jaime Delgado
Hoxe transmitimos o noso pesar polo falecemento de Jaime Delgado, natural de Taboada, quen foi gran difusor do románico lucense. Autor da obra El Románico de Lugo y su Provincia, e doutros traballos destacados sobre iconografía e orixes do cristianismo.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2012/09/13/fallece-sacerdote-jaime-delgado-gomez/00031347540327452393691.htm
viernes, 17 de agosto de 2012
COMUNICADO LIDO NO ACTO REIVINDICATIVO DE PESQUEIRAS
POR XOSÉ LOIS GARCÍA
O 12 DE AGOSTO DE 2012
Benvidos a todas e a
todos a este segundo acto cultural reivindicativo de Pesqueiras. A este primeiro
encontro que organiza a Asociación de Amigos do Románico da Comarca de
Chantada. Os organizadores queremos que este convivio teña un carácter de toma
de conciencia sobre un dos monumentos medievais mais importantes da Ribeira
Sacra, como é este mosteiro románico de Santa María de Pesqueiras. Un recinto
que fornece a historia e a arquitectura da nosa bisbarra, edificado en 1120,
polo bispo de Lugo, Pedro III o Peregrino. Un mosteiro que acolleu unha
comunidade feminina da orde de S. Bieito, desde a súa fundación até 1499, ano
en que a priora, Inés de Guitián, e súas freiras foron trasladadas ao mosteiro
de S. Paio de Antealtares de Santiago de Compostela. Non vamos relatar toda a crónica
deste priorado, mosteiro ou igrexa, senón puntualizar varios temas de illamento
e depredación en que se atopa este mosteiro declarado monumento nacional no 1950. A partir desta data
pasou por moi diversos avatares e, a partir de 1969 en que foi pechada ao
culto, pola consagración da nova igrexa edificada no espacio poboacional de
Pesqueira. Este monumento arquitectónico, simbólico e de peregrinase ficou en
silencio permanente. Un silencio que nunca tivo en seus 900 anos de existencia,
dado que por diante deste templo pasaba o chamado camiño real da Barca de
Porto, camiños ribeiraos onde os nosos viñateiros transcenderon nese ora et labora cotián. Aquí houbo convivio
devocional ao redor da imaxe románica de Santa María, padroeira desta parroquia
e desaparecida o 28 de agosto de 1999. Pero non todo foron desgracias para este
mosteiro de Pesqueiras, a fábrica pétrea a vemos en bo estado, as pinturas
renacentistas están restauradas, proclamando viveza existencial dun pasado portentoso.
Unha arquitectura e
unhas pinturas que atraen a moitos estudiosos
da arte e contempladores de imaxes espirituais. Teimosos visitantes que se
perden por uns itinerarios que non están sinalizados. Velaquí o primeiro matiz
das nosas reivindicacións. É imposíbel chegar aquí por estes camiños de
ribeira, onde os autos entran con inmensas dificultades. Este é o noso segundo
matiz reivindicativo, contar cuns accesos viábeis capaces de non entorpecer a
quen busca este recuncho natural onde tanto se enfatizan as particularidades
arquitectónicas e simbólicas que ofrece este mosteiro de Pesqueiras. O terceiro
matiz reivindicativo é a iluminación da nave e do presbiterio. Sen a
electrificación interior deste conxunto, nen as pinturas nen o resto da
iconografía poden ser dignificadas, observadas e estudiadas. Nesta cuestión, a
carencia de puntos de luz non facilita a dimensionalidade das características
propias que manifesta o románico deste templo. Non se concibe que aquí enfronte
está unha das maiores productoras de quilovatios, como é o salto de Belesar que
tódalas noites ilumina eses bloques de cimento e non dignifiquen un monumento
memorial como é a igrexa de Pesqueiras.
Matices, os sinalados,
simplifican unha observancia crítica por parte da Asociación de Amigos do
Románico da Comarca de Chantada, priorizando estas tres cuestións que reiteramos:
correcta sinalización, accesos viábeis e iluminación interior. Sen aínda
engadir, visitas guiadas e un libriño sobre a historia, a arquitectura e o
simbolismo que transcende neste espacio.
Nestas prioridades,
queremos remitirnos, en primeiro lugar, aos representantes da Igrexa aquí
presentes, como propietaria deste templo para facer un esforzo que dignifique o
noso pasado histórico. Un esforzo de coordinación con estamentos e institucións
capaces de dar un xiro a esta situación da que falamos. Para que todos nós, nun
tempo non lonxincuo, cambiemos a expresión coloquial de D. Quixote: “Con la Iglesia hemos dado,
querido Sancho”. Por esta outra tamén coloquial: na Igrexa atopamos solucións para
superar problemas que ten este mosteiro.
Pero non só a diocese
debe resolver estes problemas, tamén a Xunta de Galicia, na que se ubica
Patrimonio, ten responsabilidades no dicir e no facer, con relación ás
cuestións que estamos plantexando. Sen dúbida a Deputación provincial, tamén
ten moito que dicir e facer. O mesmo o Concello de Chantada. Neste caso,
podemos dicir que o arquitecto do Concello, D. Juan García Pérez, con data de
maio de 2012, realizou un estudio, titulado: “Memoria valorada das obras de
acondicionamento e sinalización da pista de acceso á igrexa de Sta. María de
Pesqueiras”. Coidamos que é un soporte fundamental e prioritario para apoiar
este proxecto por parte das administracións mencionadas e por parte da
institución eclesiástica.
Foto: Beatriz Pérez©
Por este motivo estamos
hoxe aquí, nun acto onde o espírito e a materia se conxugan. Seguiremos
realizando estes actos até que se normalice a situación do mosteiro de
Pesqueiras. O noso deber é puntualizar temas para suxerir ás institucións que
procedan, arranxar situacións extremas, como son os tres temas contemplados: sinalización,
accesos viábeis e instalación de luz eléctrica.
Autoridades
eclesiásticas e civís, donas e señores moitas grazas por este encontro tan vivo
como emotivo.
XOSÉ LOIS GARCÍA
jueves, 16 de agosto de 2012
ECOS DO ROMÁNICO: APARICIÓN DA VIRXE DE PESQUEIRAS!
XOSÉ LOIS GARCÍA
O pasado domingo día 12, a Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada, programou todo un continxente de actos reivindicativos para salvar do illamento e marxinación ao monumento románico de Santa María de Pesqueiras, en Chantada. Un mosteiro bieito de freiras que o foron enriquecendo con exquisita ornamentación no románico pleno. E que tivo voz propia na sobriedade e rigor que ostenta. Nestes momentos, as súas pedras saben gritar no reclamo de auxilio en seu abandono. Unha chamada certa a onde peregrinaron cantidade de persoas vindas de varias xeografías de Galiza. Naquel recuncho namorado oíron a mensaxe das pedras e dos frescos pictóricos; concertada coa música de Mini e Mero, do Trícole de Sober e do gaiteiro Raúl Galego. Tamén a voz poética resoou nesa acústica pétrea na que nada se desperdicia, na voz de António José Queirós, Manolo Regal e Olga Porral. Tamén a teatralidade, conducida por Clara Vázquez e Chicho Carballido, conseguiu seu clamor e o aplauso dese público que concorreu e encheu de entregas e plenitudes o templo, e, tamén, de aspiracións para que ese espazo monumental e natural teña un respiro nos arranxos de súa normalización, que pasa por accesos viábeis, sinalización e luz eléctrica. Tres elementos básicos para que este monumento saia de seu illamento.
Foto: Beatriz Pérez ©
Adro da igrexa de Pesqueiras
Foto: Beatriz Pérez ©
Interior da cabeceira iluminado para a observación das pinturas murais
O clamor deixouse sentir en varias ocasións, mesmo cando se descubriu unha réplica da imaxe da desaparecida Virxe de Pesqueiras, obra da escultora Ana Sastre, que moitos dos presentes coidaron que a anterior tiña aparecido. Unha señora maior que xa nopn acreditaba nas aparicións puido exclamar: “Apareceu a Virxe, quen a tiña escondida”. Outra señora da parroquia articulou palabras de sorpresa para comentar: “Milagre! Por fin, o ladrón arrepentiuse e devolveuna”. A réplica de Ana Sastre está tan axustada á realidade que fixo posíbel remontarse ás semblanzas da orixinal do século XII. Unha imitación moi conseguida, despois dun ano de traballo permanente. Un verdadeiro milagre por parte da escultura, que fixo crer no milagre a moita xente.
A misa concelebrouse cos cregos Alfonso Blanco Torrado á fronte, Xesús Mato e Xosé González Hermida. Un xerador propiciou dar a luz necesaria para iluminar a nave e o presbiterio e, sobre todo, as pinturas renacentistas que promoven varios escenarios bíblicos.
Foto: Beatriz Pérez ©
A artista Ana Sastre xunto a Xosé Lois García
A presencia do director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o alcalde de Chantada, ocasión en que os membros da dita Asociación manifestaron as peticións reivindicativas programadas. Un acto que durou preto de tres horas e no que se escoitaron varias intervencións de reivindicación e protesta, fai que as autoridades con competencia no tema deben estar atentos e dar resposta a un clamor que se está agrandando, por medio dunha toma de conciencia que eximirá que Patrimonio non continúe mudo nen persevere en silencio administrativo.
lunes, 13 de agosto de 2012
miércoles, 8 de agosto de 2012
martes, 7 de agosto de 2012
ACTO NA IGREXA ROMÁNICA DE PESQUEIRAS
XOSÉ LOIS GARCÍA
Pinturas da Igrexa de Pesqueiras |
A Asociación de Amigos do Románico da
Comarca de Chantada, realiza unha convocatoria para a celebración de actos que
se celebrarán o domingo día 12 ás seis da tarde, na igrexa de Santa María de
Pesqueiras (Chantada). Un acto cultural e reivindicativo dun espazo medieval,
onde a arquitectura románica e a paisaxe de soutos, devesas e viñedos, nos
rentes do río Miño, determinan sosego e beleza, determinando conservación dun
dos recantos mais encantadores da Ribeira Sacra.
No cartel de actividades que se ofrecen
para o vindeiro domingo día 12, están dúas particularidade musicais como son O
Trícole de Sober e os protagonistas d’A Quenlla, Mini e Mero. Recital poético a
cargo do poeta portugués, António José Queirós, Manolo Regal Ledo e Olga Porral;
representarase unha obra teatral, titulada: “Auto do demo e da viñateira”, a
cargo de Clara Vázquez e Chico Carballido, misa concelebrada, intervención da
artista Ana Sastre e lectura dun manifesto.
Un manifesto sobre a situación anormal do
enclave, sobre os accesos e sinalizacións, e, sobre todo, da iluminación deste
templo, que conta cuns murais pictóricos renacentista, recentemente restaurados
que precisan de luz para ser observados dignamente como merecen centos de
visitantes que acoden a este lugar cada ano, sen accesos e sen sinalizacións.
Acto do pasado ano na Igrexa de Pesqueiras |
O pasado ano celebrouse un acto bastante
voluntarista por parte dos amigos da igrexa de Pesqueiras. Daquel acto xurdiu a
Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada que é a que organiza
esta convocatoria e conforma estes actos nos que colaboran a Deputación de
Lugo, Vicepresidencia Primeira, e o Concello de Chantada. A estes actos estarán
presentes representantes da Diocese de Lugo, da Xunta de Galicia, da Deputación
de Lugo e do Concello de Chantada.
miércoles, 6 de junio de 2012
ECOS DO ROMÁNICO: Polo románico da Ribeira Sacra
Xosé Lois García
As incontinencias do desastre do románico da Ribeira Sacra débese á falta dun proxecto coherente por parte do Patrimonio da Xunta de Galicia que trate, minimamente, de normalizar o que aínda queda da fábrica orixinaria románica, que en moitos casos está en bo estado e que compre un mantemento serio e actualizado capaz de diminuír os riscos das ameazas dunha depredación moi seria.
As incontinencias do desastre do románico da Ribeira Sacra débese á falta dun proxecto coherente por parte do Patrimonio da Xunta de Galicia que trate, minimamente, de normalizar o que aínda queda da fábrica orixinaria románica, que en moitos casos está en bo estado e que compre un mantemento serio e actualizado capaz de diminuír os riscos das ameazas dunha depredación moi seria.
A Ribeira Sacra luguesa –da cal falo- non só ten viño, que como elemento comercial tanto se evoca e difunde, ou a paisaxe, fundamental en ambas beiras do Miño e do Sil, o románico forma parte fundamental da producción vinícola e das paisaxes que foron conformadas por iniciativa dos mosteiros e igrexas románicas que bordean esa ampla conca dos mencionados ríos. Esa interrelación, entre estes tres elementos básicos son hoxe o fundamento de moitas atraccións á nosa ribeira que transcende en motivacións que o románico inspira. O volume de visitantes é cada vez maior e pode que cada vez atópense mais desatendidos estes monumentos, aínda que un dos temas solventados son os das guías que transcenden nos ámbitos de Pantón, Sober, Saviñao e Chantada, que están realizando un papel importante na descuberta da historia, da arquitectura e da simboloxía e noutras claves indicativas do patrimonio material e inmaterial.
Un esforzo necesario para descubrir tantos séculos de tebras que escurecen o románico da Ribeira Sacra e non só. Unha esperanza na toma de conciencia para recuperar outro ritmo e outra eficacia ben distinta a que se marca desde outros ámbitos administrativos. Mais con estes andares e avatares ten que xurdir un proxecto reivindicativo, capaz de orientar un traballo que priorice unha serie de matices e concreten o estado de depredación de moitos templos que están nos enclaves do Miño e do Sil, carentes dun estado de conservación que teña indicativos de coherencia para salvar a estes monumentos dunha destrucción fatal.
Neste contexto, podemos mencionar na marxe dereita do Miño, o mosteiro de Pesqueiras (Chantada), nun estado de conservación medio, con pinturas renacentistas recuperadas e con falta de accesos, de iluminación e a falta de sinaleiros para chegar a este enclave. Non se pode propagar aos catro ventos este monumento cando ten estas necesidades que bloquea as aspiracións dos que alí queren chegar. San Salvador de Asma, (O Convento) con esa iconografía do románico pleno, vemos que a parte sur está completamente anulada por circunstancias que trouxo a Desamortización. Continuando por esa banda dereita, chegamos a Nogueira de Miño, con pinturas góticas que o Patrimonio do Bipartito comezou a restaurar, cando chegou á presidencia da Xunta o Sr. Feijóo foi suspendida e aí están agardando continuar o proceso,Secula seculorum. Chouzán e San Xoán da Cova, no municipio de Carballedo, con corredoiras moi difíciles de acceder a estas igrexas románicas, son outros dos puntos que priorizan desfeita.
Na banda esquerda do Miño, temos que cuantificar esa depredación en San Estevo de Ribas de Miño, nesa arcada mateana apreciamos a ruptura dos arcos do frontis, quizais por un movemento sísmico, que leva anos pedindo auxilio sen que Patrimonio se entere. O mais escandaloso é a igrexa de Diamondi, con esa casa rectoral do século XVIII adosada a templo, que moitos se empeñan en chamarlle palacio, esa fachada derrubouse, xa vai para tres anos, e ninguén se pon de acordo para restaurala ou derrubala. A tal finura de decadencia tapárona cun enorme lona azul que se observa desde varios puntos da comarca de Chantada. Un grande escándalo diante dun dos monumentos mais visitados de Galiza seu estado de decadencia magoa sensibilidades. Aquí móstrase o pudor que hai por quen rexe organismos que deben tutelar tecnicamente o proceder de mantemento. Diamondi é unha mostra ben clara do que acontece co noso románico noutras xeografías de Galiza.
Galicia Hoxe, 4 de xuño de 2012.
martes, 22 de mayo de 2012
Las rutas guiadas del románico se amplían a Chantada
La voz de Lemos:
Las rutas guiadas del románico se amplían a Chantada
Canzorro de San Salvador de Asma, Chantada
Foto: Begoña González
Las rutas guiadas del románico se amplían a Chantada
Canzorro de San Salvador de Asma, Chantada
Foto: Begoña González
lunes, 21 de mayo de 2012
ECOS DO ROMÁNICO: SAN SALVADOR DE ASMA (O CONVENTO) UN MOSTEIRO AGREDIDO
XOSÉ LOIS GARCÍA
Dunha maneira oficiosa, onde a palabra ergueita e auxiliadora, a música e a poesía, faranse oír o próximo sábado día 26 de maio no interior do templo de San Salvador de Asma. Ese milenario monacato e mais tarde mosteiro bieito, engrandecido con esa arquitectura románica que aínda exhibe o mellor de seus portentos nesas abreviadas iconografías que manifestan a grandeza da escola estilística do románico pleno do mestre Estevo. Alí estaremos para escoitar unha abreviatura histórica que disertará Juan Manuel Sobrado e, tamén, unha guía da nosa asociación fará varios indicativos sobre este monumento degradado por tantas agresións cometidas desde a Desamortización de Mendizábal.
Foto: © Begoña González
Frontis da igrexa de San Salvador de Asma
No intre en que a comunidade bieita deixou de existir e a casa dos monxes pasa a un poder ben particularizado, ou civil, aínda que os incívicos donos o depredaron a seu xeito e en plena liberdade e aleivosía, precintando a porta sur, ou do mediodía, deixando escurecido e anulado un dos tímpanos mais importantes da estética e da simboloxía de Galiza, como son eses dous leóns híbridos en loita e con cabeza de oca. Así como os capiteis fitomórficos e zoomórficos que constitúen un dos mellores logros da grandeza románica de principios do século XII.
Ese asentamento visigótico que deu transición ao románico e que tivo baixo seu dominio suculentas terras, onde foron fecundando numerosas comunidades das terras amplas do Asma. Sen este mosteiro e súa comunidade, a actual Chantada non existiría no espazo que hoxe coñecemos, nen unha serie de connotacións históricas, culturais e estructuras económicas que se deron sen este centro eclesiástico de fecunda resonancia e de altiva atracción para o que hoxe representa certa decadencia; escura desfeita do que non podemos permitir certos absentismos, comezando polo Patrimonio da Xunta de Galicia que permite que a porta sur e toda a parede, onde na cornixa debrúzase toda unha colección de modillóns iconográficos que moi poucas persoas coñecen, por culpa dos que teiman de non consentir que esa murada que é da igrexa non haxa acceso a ela.
Foto: © Begoña González
Cabeceira da igrexa de San Salvador de Asma
Por tanto, desde 1837 o escurantismo e o secuestro desa parte tan única como fundamental para integrala ao resto do exterior como do interior deste templo, para manter vivo ese conxunto arquitectónico. Isto supón un traballo que se concibe desde a preocupación da Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada, enmarcado en moitos contextos e perfís que San Salvador de Asma precisa de programar e denunciar consabidas depredacións. Estamos seguros que a asociación en solitario pode facer pouco, sen a motivacións dos fregueses do Convento, a xente que ama este monumento por tantas circunstancias. Sabemos que hai sensibilidade por parte da Asociación de Veciños do Convento e que ten efectuado traballos e trámites para que o antigo mosteiro fose reparado.
Por estes reparos iremos a San Salvador de Asma a integrar e conxuntar forzas e, sobre todo, manifestar que xa non é permisivo que o Patrimonio da Xunta silencie tanta evidencia de desfeita agresiva, cando unha parte importante deste mosteiro, sen dúbida a mais importante, continúe anulada. Por esta e outras circunstancias, estaremos no Convento para lexitimar esa reivindicación de que este templo normalice a súa integridade singular. E o faremos coa palabra, coa historia, coa contemplación da arte que se nos ofrece, con sons musicais e no eco da poesía e, tamén, cos pareceres de quen participa e anima a non deixar morrer o noso patrimonio.
lunes, 14 de mayo de 2012
ECOS DO ROMÁNICO: O ROMÁNICO DOS ENCOROS DA RIBEIRA SACRA NA ESCRITA DE NICANOR RIELO CARBALLO
XOSÉ
LOIS GARCÍA
Está
na nosa memoria unha persoa moi especial, Nicanor Rielo Carballo (1932-2000),
crego dos Peares e condutor dunha magna obra na que reconstruíu boa parte da historia
do concello de Carballedo, publicando libros e artigos, todo un contributo
impagábel que a Asociación de Amigos do
Románico da Comarca de Chantada, tenta recoñecer o seu labor por medio dunha
homenaxe que realizaremos no presente ano en Castro de Carballedo, co fin de
repoñer unha das figuras senlleiras da cultura local deste municipio do Sur da
provincia de Lugo, que aportou tantas descubertas e tendo como particular a
divulgación do románico da Ribeira Sacra. Nicanor é merecente dunha homenaxe nas
terras en que tanto traballou, durante tantos anos de permanencia nos Peares. Despois
de seu pasamento, recibiu recoñecementos e homenaxes que contribuíron a
esclarecer a persoa e a obra de Nicanor. Carballedo ficou á marxe deses actos, tema que
vamos a retomar para recoñecer o traballo de investigación que nestas terras realizou
con profunda intensidade.
Na
homenaxe que a Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, no seu voceiro,
servidor publicou no 2002 o seguinte traballo sobre Nicanor, que reproducimos:
“O 9
de xullo de 1964, o crego dos Peares, Nicanor Rielo Carballo, publicou en “El
Progreso” de Lugo un artigo, titulado: “El Embalse del Románico”. Acompañado
dun itinerario-mapa do encoro dos Peares, no que aparecen as seguintes igrexas
románicas situadas na marxe dereita do río Miño: O Salvador de Asma (O
Convento), Camporramiro e Nogueira, nas terras de Chantada. Chouzán, Cova e
Oleiros nas terras de Carballedo. Na marxe esquerda están suxeridos os templos
románicos de San Estevo de Ribas de Miño, Diomondi, Fión e A Cova, no concello
do Saviñao. No de Pantón, Atán.
Mais
este seu artigo sinala outros itinerarios polos encoros galegos, deixando
sentir o seu coñecemento e predilección polo románico da Riboira Sacrata, que se configura non ríos Sil e Miño. Será neste
entorno onde realicemos a nosa andaina guiados pola axuda indispensábel de
Nicanor Rielo Carballo que nos revela, principalmente, na revista “Kilovatio”,
publicada por FENOSA. Estas colaboracións tan certas e puntuais, sobre o
románico dos encoros, marcan unha novidosa manifestación tanto no coñecemento
como na divulgación destes monumentos que aderezan ese delicado espazo do curso
dos ríos Miño e sil.
Estas
colaboracións que Nicanor publicou en “Kilovatio”, ano tras ano, están
tuteladas polo subtítulo: “Rutas del Románico”. Mais unha das primeiras está
subtitulada como “Rincón del Espírito” e co título xenérico de: “Señora
Nuestra”, que lembra aos escultores do medievo (señoreados polo anonimato) que
modelaron esas imaxes da Virxe María. Esas matronas estáticas e custodiando no
regazo ao neno Xesús.
Foto: © Xosé Lois García
Talla románica da Virxe de Pesqueiras
Neste
artigo faise referencia á modélica talla da Virxe de Pesqueiras (Chantada) que
presidiu o vello mosteiro das toquinegradas (nome medieval que se lle deu as
freiras bentas) desde a súa consagración no 1120. A Virxe de
Pesqueiras, que aínda Nicanor ollou no presbiterio románico, desapareceu a
noite do 28 de agosto de 1999, co incendio da capela de Soilán, onde se
atopaba. Ou ben o incendio serviu de coartada para roubar esta apreciada talla,
tan emblemática no escenario artístico local e no devocionario popular.
Unha
imaxe que eu, particularmente, tíñalle benquerenzas desde que me levaron de
neno para pasar nove veces debaixo das súas andas. A finalidade era que os
rapaces tangarañeiros tivésemos familiaridade cos espíritos benéficos. Nesta
imaxe estaba referenciada toda unha cultura popular que os ribeiraos, con
persistente celo, continuaron a tradición herdada dos nosos devanceiros. Neste
contexto, o artigo de Nicanor preséntanos esa afiliación de estar ao redor
dunha estática e solemnizada talla románica visionando o futurismo nun ceo con
mais porvir que unha terra cargada de pestes, tributos e señores feudais.
Neste
recuncho de ribeira, liberado nese ámago silencio, as fervenzas do miño, en son
e ritmo de sacra melodía, ofrendaban súas telúricas notas á Virxe de
Pesqueiras. Ás que temos que sumar aquelas oracións caladas dos devotos
parroquianos e dos de San Fiz, Merlán e Sabadelle, que no seu ir e vir dos
labores viñateiros deixaban unha oración ou somentes un silencio conmovedor.
Como moi ben di Nicanor:
“Cuando
Hohán de Requeixo subía trovando al monte Faro, otros chantadibnos bajaban a
los sucalcos del Miño, donde las momjas benedictinas cantaban su salmodía
diaria a Nuestra Señora”.
E
neste espazo inicial do encoro de Belesar comeza Nicanor a súa inagotábel e
incomparábel andanza á procura deses promontorios de pedra románica que nos
falan de mil maneiras aos nosos sentidos.
Noutro
artigo de “Kilovatio” rolda por Pesqueiras para falarnos da historia
eclesiástica e desdobrando ese nítido románico pleno con esas inconfundíbeis
sinais de identidade do que mais tarde sería a escola compostelán do mestre
Mateo.
O
vello priorato de Pesqueiras produciu en Nicanor unha encantadora atracción que
manifestou no referido artigo:
“Las
salmodías que entonaban hace centurias las monjas resuenan todavía en el
silencio de la historia, una historia que aquí se palpa aun cercana a nosotros
como queriendo testimoniar el ser y la esencia de tiempos pretéritos”.
Foto: © Xosé Lois García
Igrexa de Santa María de Nogueira
Sen
deixas este encoro de Belesar e continuando o roteiro trazado por Nicanor cara
a Portomarín, non fai ningunha alusión en “Kilovatio” á igrexa románica de San
Vitorio de Ribas de Miño, non moi lonxe de Pesqueiras e xa na banda do Saviñao.
Portomarín ben mereceu dous artigos sobre as igrexas de San Xoán e a de San
Pedro. Aquí esboza o temario histórico e arquitectónico atraído por ese formato
referenciado na escola de Mateo. A Nicanor encantábanlle eses coros polifónicos
de músicos petrificados que custodian os tímpanos frontais. Este tema é tratado
con delicado interese e dun xeito pedagóxico e divulgativo, potenciando ao
visitante para que contemple con dignidade esa perfección arquitectónica que
nos convida a non esquecer a eses artífices tan perfectos e conmovedores como
foron os mestres de obras da arte sacra medieval.
Voltemos
a esa fenda telúrica dos Peares, que don Ramón Otero Pedrayo chamou
Bocarribeira, onde o Miño quedo e repregado neste silencio que lle impuxeron os
muros de formigón, mesmo onde FENOSA erixiu a capela na que tentos anos
desenrolou Nicanor o seu ministerio. Desde aquí, río acima e moi próximo deste
espacio atopamos o antigo mosteiro de freiras beneditinas de san Xoán da Cova
que no 1951 foi abicada noutro lugar, non lonxe do orixinal, para evitar que as
augas o asolagasen.
Nesta
ocasi´pn volve a ese considerandum de loar a historia e a arte nunha das
paisaxes mais conmovedoras da Ribeira Sacra. Un espazo emancipado por aqueles
anacoretas e cenobitas que fixeron mo0rada espiritual e panteísta na
inmensidade desta paisaxe. Aquí foi onde Nicanor comeza a testemuñar a
sobriedade e o rigor do románico, apreixado nesa fenda por onde o Miño barullento
e profético exalta a súa mensaxe de santidade por estes agrestes rochedos esculpidos
á medida dos espíritos libres.
Así
é a Cova, chantada no cumial dun cómaro, axexando as ribeiras de Pantón, onde
nunha pequena chairiña cuberta de vides e cruzada por minúsculos regos de
fonteiriñas ergueron a igrexa de Santo Estevo de Atán. Aquí estivo Nicanor
resucitando historias de cenobitas que deixaron a súa marca nesas celosías
visigóticas para particularizar unha identidade eclesial que configurou a
peculiar organización da parroquia ou freguesía, constatada nunha articulación
cultural, demográfica, económica e xurídica. O noso microcosmos conceptuado
desde o lado relixioso, creando historias particulares que configuran a
historia integral de Galiza.
Voltando
de novo á marxe dereita do río Miño, nas ribeiras de Carballedo e non lonxe da
Cova, o noso guieiro introdúcenos noutro centro cenobítico que no século XII
deu paso á comunidade beneditina de Santo Estevo de Chouzán. Un mosteiro
fundado á beira do Miño que polos mesmos motivos que o da Cova foi trasladado
ao lugar actual.
Nicanor,
no seu roteiro polo románico dos encoros desvélanos de Chouzán unha serie de
sucesos polos que pasou esta comunidade relixiosa debido ás turbulencias
sociais e económicas do medievo, cando o cabaleiro chantadés, Vasco Gómez das
Seixas, usurpou terras e privilexios monacais. Ou o desasosego daquelas freiras
non acataron a orde dos Reis Católicos de ser trasladadas a San Paio de
Antealtares, en Compostela.
Mais
enriba de Chouzán, o catador do románico chega a Santa María de Nogueira de
Miño e, obrigatoriamente, repousa o corpo e pousa a ollada, desde a igrexa
románica, nas viravoltas do Miño que
conforma a península chamada Cabo do Mundo. As retinas ben merecen un repouso
despois de observar tantas imaxes desta paisaxe que estimula o espíeito. Mais
un non pon freos aos estímulos e praceres con que se nos ofrendan estas paraxes
tan suxerentes como panteístas. Na igrexa un espreita as cubas de viño nos
modillóns románicos, ou esas troitas e anguías esculpidas con solemnidade na
cornixa, como se esta fose a medida xusta do roteiro do Miño.
Chámanos
a atención a crónica de Nicanor sobre as súas vivencias e as convivencias coas
xentes do lugar e co párroco, cando di:
“Como
el motivo que me conduce hoy hasta esta geografía insólita es la monumentalidad
de su iglesia románica, me veo obligado a golpear en el aldabón de la puerta
del cura. Sorprende que la rectoral aparezca como un edificio de reciente
construcción, cuando se sabe que la mayor parte del clero rural vive en
vetustas casonas desprovistas de comodidade y las lamentaciones jeremíacas
porque delante tenemos, abriendo de par en par el vestíbulo de su acogedora
vivienda, a don Pegerto, que con eñl nombre basta para presentarle. En toda la
comarca se le conoce y se le respeta, y uno que se considera viejo amigo, sabe
de sobra acerca de la hospitalidad que le caracteriza. Es algo así como el
gentil mesonero que, más que agudo comerciante, termina siendo compañero de
camino, guía ameno y agradable conversador”.
Constato
absolutamente este retrato dun crego como don Pegerto –que agora xa non exerce
de crego en Nogueira, por enfermidade-, cargado de humanidade e solidario con
todos. É verdade que antes de abrir a igrexa abría a súa casa na que sempre
había algunha dádiva que esta ribeira produce. Pola fresca de agosto eu gostaba
de ir a Nogueira e nese adro do igrexario, que ademais sirve de cemiterio e
miradoiro, conversaba sobre o mais aquí e o mais alá con don Pegerto, á sombra
desas paredes románicas cargadas de símbolos que sempre nos gratifican cun
ensino íntimo.
Neste
sentido, Nicanor fai un delicado comentario que nos aproxima á verdadeira
utilidade espiritual e material da iconografía románica de Nogueira, cando di:
“Los
capiteles del arco fajón muestran la capacidad imaginativa de los canteros, que
han querido plasmar en la piedra escenas de la vida familiar, en las que el
asistente a los oficios litúrgicos podía evocar el sentido de las enseñanzas
religiosas. No se cansa uno de admirar el contenido pedsgógico que alcanzó la
arquitectura románica en la comunicación del mensaje. Un publico iletrado y
sencillo podía captar en los jeroglíficos pétreos la serie de verdades y
conceptos de una catequesis fundamental. No había entonces imagen fotográfica o
televisiva, pero contaban con la plasticidad que impone una superficie
modelada”.
Deixamos
Nogueira sen antes dar unha ollada a ese castro altivo que se debruza sobre o
Cabo do Mundo e o río Miño feito á medida do repoboador destas ribeiras, o
bispo Odoario, no século VIII e do bispo Pedro III O Peregrino, que no século
XII articulou a segunda repoboación de
socalcos e baceliños en mistura con esa arquitectura románica, tan auténtica
como suxerinte.
Foto: © Xosé Lois García
Santo Estevo de Ribas de Miños
Continuando o ascenso do encoro dos Peares,
por terras de Chantada, tocamos a seu fin no viaduto de San Fiz. Mesmo aquí,
albiscamos o enorme rosetón do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño que
absorbe a curiosidade a calquera viandante. Unha vez apreixados por este enorme
promontorio pétreo, harmonizado e señoreado pola paisaxe, entramos na impresión
que nos deixou Nicanor en “Kilovatio”:
“La
iglesia de San Esteban de Ribas de Miño, monumento que por sí solo atestiguaría
el esplendor de un estilo y la grandeza
de toda una época, se yergue como atalaya en las estribaciones que sirven de
ascensión a la comarca del Saviñao. Al estilo de cualquier bodega del país, en
un recorte de terreno a manera de escalón, se plantan sus muros y las cenefas
de su rosetón imitan los varicuetos de los carriles o senderos lugareños que
cual los Codos de Belesar se retuercen para poder engullir la pendiente”.
Recrear
a ollada neste mítico rosetón e no pórtico onde podemos imaxinar que eses sete
músicos dedícannos un Laudemus ou un
Salmo sapiencial, como no pórtico da Gloria, Portomarín ou Carboeiro. A marca
xenuína dos canteiros da escola do mestre Mateo repítese aquí con enorme énfase
artístico e simbólico. A sorpresa de Nicanor –sospeitamos- foi tan enorme que
entre admiración e reflexión deixounos, igual que o fixera en Nogueira, varias interpretacións,
ou polo menos certos achegamentos e insinuacións que el intuíu sobre a
simbólica dos diversos iconas. A pesar do que el me manifestou en certa ocasión
de que a simboloxía románica non era o seu forte, mais nos deixou sobre esa
coral de músicos petrificados esta interpretación tan persoal como simpática:
“El
hombre que maneja el centro del arco maneja un redondel a manera de bombo;
nosotros lo identificaríamos de buena gana con la bateria de nustras rondallas.
No conversa con nadia, quizá porque se lo sabe de memoria y ademas tiene que
infundir a los otros el peso de directos”.
Desde
Acova abrimos ruta á procura do verdadeiro espazo da antiga Riboira Sacrata, no Sil, onde os
eremitas a cultuaron e nestas agrestes paisaxes que conforman o canón deste
río, onde o encoro de San Pedro creou ese remanso de augas silenciadas, mesmo
fronte a Pombeiro. Buscamos este lugar na fermosa terra de Pantón que se
conforma nunha especie de península que deseñan o Miño e o Sil. Mais sen antes
visitar, dado que nos ven de camiño, o antigo mosteiro de Eiré e o mostero das
Bernardas en Ferreira (capital do concello pantonés). Dous monumentos que nos
convidan a interminabeis suxerencias e reflexións.
En
San Vicente e Pombeiro deixámonos guiar por Nicanor que nos instrúe coa
historia que se xerou rente a este mosteiro e tempera en galego, o noso idioma,
a súa ruta. Danos a entender que “os tempos son chegados”, como dicía Pondal ou
testemuñaba Camões: “Mudan-se os tempos, mudan-se as vontades”, Así é como
Nicanpos aproveitaba a conxuntura reivindicativa e comeza a escribir en galego
as súas rutas do románico en “Kilovatio”, esa publicación elitista que chegaba
a tódolos fenosos.
Desde
este tempero galego abrimos camiño, tendo en conta os indicativos xeográficos e
históricos que nos di sobre Pombeiro:
“As
terras da orela dereita repártense entre as freguesías de San Xohán da Moura e
Santo Estebo do
Sil. Tanto por unha banda como pola outra poderíamos pararnos e facer historia
de calquera ermida ou paraxe, pero hoxe vamos a fixarnos na eirexa mosteiral de
Pombeiro, unha das poucas casas que os cluniacenses tiveron en Galicia”.
Despois
de rendernos ante a historia, un tenta ir a Santo Estevo de Ribas de Sil, que
ollamos desde Pombeiro en liña recta e non moi lonxe daquí. Mais o gran canón
fainos dar o arrodeo pertinente para acadar este lugar. A procura da outra
banda do Sil, un desanda camiño e chega a Ferreira para entronizarse nas terras
de Sober e ir ao miradoiro de Bolmente, mesmo no canón ollamos á nosa fronte
Santa Cristina de Ribas de Sil e, tamén, aproveitaremos a ocasión para ollar os
excelentes formatos románicos de Pinol e Lobios, sen antes ir ao miradoiro e
santuario da Nosa Señora da Cadeira. Buscando a ruta axeitada para cruzar o
Sil, por Doade de Sober e pasar a Abeleda de Castro Caldelas chegamos a Santa
Cristina, no medio dun gran silencio marcado polas augas sosegadas e pola maina
ventoeira da canícula que non bate nas follas dos frondosos e milenarios
castiñeiros. Tamén observamos esas pedras milenarias e feridas polo arrouto
popular, da mal entendida desamortización de Mendizábal.
Mais
o texto que nos deixou Nicanor remítenos a esa frecuencia de silencio que nos
comprace neste telúrico, mítico e histórico recuncho, cando subliña:
“Nun
diste currunchos, un souto de castiñeiros retortos polos anos e polo traballo,
escóndese o mosteiro de Santa Cristina do Sil, solitario como un perdido
anacoreta. Alí nin hai casas nin sitio para elas, non hai hortos nin labradíos,
non se ven agros nin lameiros, porque en verdade está nunha encosta laxenta que
cae súpeta de cara ó río. De entre tódolos emplazamentos de mosteiros que eu
coñezo en Galicia, non dudo que sexa este o mais isolado e escondido. O frade
que elixiu o sitio puido quedar enteiramente satisfeito e seguro de que alí non
lle iban a cegaren tentaciós do primeiro dos enemigos do home, que é o mundo”.
Mais
deixemos levarnos por Nicanor, o noso guía e mestre, para entrar neses perfís
estéticos que loan o sagrado e que a el foron os que mais o cativaron,
sinalando:
Nun
recanto onde os horizontes carecen de medida por mor da espesura da vexetación
e da falta de chan, non é doado percibir o feitizo e armuñía do frontis, que
solprende se un se para e analiza os diversos elementos, que pertenecen a un
románico de transición, emparentado sen dúbida co que se ve en Santo Estebo de
Ribas de Sil, salvada a diferencia que supón o
grandor dunha e doutra eirexa e coa carencia dun dato tan revelador como sería a fachada de Ribas de Sil, que se
sustituíu por outra de tipo barroco”.
A
Santo Estevo chegamos compracendo así a nosa teimosía desde que saímos de
Pombeiro e que xa o temos á nosa fronte:. Ollando os modillóns e capiteis
tentamos concentrarnos na simbólica que amaron e leron os monxes e
menosprezaron os que perderon a noción do tempo sagrado. E mentres un percorre
o claustro oxival e algúns treitos barrocos e neoclásicos, buscamos unha icona
con escena bíblica que descubrimos hai tempo nun capitel da porta do refectorio
esborrallado . Estaba cuberto por unha enorme silva que tapaba esa
representación do holocausto de Isaac, cando o seu pai Abrahán tentou lanzarlle
o coitelo sobre as costas e un anxo preséntalle un año para sustituír aquela
inmolación. Un anunciado mesiánico do Agnus
Dei.
Estas
paredes esborralladas dan a medida daquela desfeita monacal que acuñou a
desamortización de Mendizabal. Basta contemplar as pedras do mosteiro erguidas
en robustas paredes das casas labregas mais próximas. Así esmoreceu o noso
patrimonio pola insidia de conflitos políticos e pola pouca relación que
tiveron as clases populares coa arte románica e o ben pouco que lles dicían
eses símbolos.
E xa
rematada esta camiñada polos encoros da Ribeira Sacra, guiados por un
incansábel camiñante que ademais de levarnos ás igrexas románicas abriunos
varias rutas para observar esas pedras labradas e descubrir nelas outros
aspectos artísticos e etnolóxicos. Rematamos, pois, un extraordinario roteiro
iniciático pola nosa nación para descubrila con paixón e amala con fondura.
Como dixo Nicanor:
“Galicia
garda moitas horas de emoción para quen queira disfrutar da súa paisaxe, do seu
folklore, da súa historia e da realidade estremecedora da súa riqueza como
pobo”.
Alén
do espazo románico que se configura nos encoros da Ribeira Sacra, aparecen
outras igrexas recomendadas por Nicanor en “Kilovatio”, como San miguel de
Melias, preto do encoro de Velle. As de Feá e Castrelo, no encoro deste último
nome.
Nesta
revista de FENOSA hai un artigo titulado: “Pequeña guía para excursiones
veraniegas”, na que trata de orientar aos excursionistas a descubrir un
itinerario para familiarizarse coa mensaxe da arte románica”.
Ademais
desta impresionante descuberta están outras mais sobre o concello de
Carballedo, no que lle tocou vivir durante moitos anos, como crego dos Peares.
Nos seus artigos xornalísticos tan puntuais en “El Progreso” rehabilitou a historia deste concello, grazas ás súas
infatigábeis pesquisas que realizou sobre a historia, a arte, tradicións
populares e etnoloxía, como ben se manifesta nese seu libro: “Escolma de
Carballedo”. Castros, priorados, casas
fidalgas e biografías de ilustres fillos de Carballedo foron estudados con
obsesiva paixón por este crego exemplar e entregado a facer país e non a
limitalo. A Nicanor se lle debe a descuberta arqueolóxica romana soterrada na
igrexa de Temes (Carballedo) e ese valioso sarcófago paleocristián.
Esta
súa investigación foi extensíbel ao municipio veciño de Chantada, cabeceira de
comarca, publicando un libro en 1979, titulado: “A romaxe do Faro”, no que se
recolle o cancioneiro popular e doutros cantores deste alto monte, como Xohán
de Requeixo. Este competente estudo adéntranos xa non só en aspectos de
tradición relixiosa senón profana e en todo o que se concreta na oralidade.
Nicanor
Rielo Carballo rehabilitou a historia e as artes do concello de Carballedo,
divulgando todas esas particularidades que, con anterioridade, non foran
descubertas nin avaliadas. Coidamos que o concello de Carballedo está en débeda
con este chairego de nacenza e que no seu
amor a Galiza descubriunos, con fervor e teimosía as súas benquerenzas con esta
terra luguesa do Sur que se espraia desde a serra do Faro ao río Miño.
O
traballo mais prodixioso de Nicanor é o “Inventario Artístico de Lugo y su
Provincia”, publicado en Madrid en 1975, polo “Servicio Nacional de Información
Artística, Arqueológica y Etnológica”. Unha excelente e impagábelinvestigación
compartida con Elías Valiña Sampedro, Santos Sancristobal Sebastián e Xosé
Manuel González Reboredo.
Nicanor
investigou todo o noso patrimonio parroquial desde Lugo capital até os lindes
con Ourense, é dicir todo o Sur da nosa provincia e, tamén, boa parte da súa
Terra Cha natal. Este inventario danos a medida, o valor e o esforzo que
inverteu para establecer in situ esa relación íntima co
microcosmos investigado, no que hai que sumar o tempo de ordenar esa
investigación en arquivos parroquiais e no diocesano.
Nicanor
Rielo Carballo foi un verdadeiro intelectual, no sentido mais empírico do
coñecemento, dado que as súas relacións cos obxectos, coas cousas por el
tratadas, á calada, revelan a eficacia do seu traballo. El non se recluíu como
un asceta ou como un crego cavernícola que se afasta do mundanal barullo. Rielo
Carballo foi un cristián ecumenista, fidel ao pobo de Galiza, como parte do
pobo de Deus. O seu peregrinar é algo que temos que agradecerlle e, sobre todo,
perpetuar todo iso do que el nos deixou constancia, aínda das cousas mais
pequerrechiñas que teñen mais valor que moitas grandes e erixidas para
manifestar opulencia e arrogancia ou para pór medo aos demais”.
12-5-2012
lunes, 7 de mayo de 2012
ECOS DO ROMÁNICO: A ÁBSIDA ROMÁNICA DE PESQUEIRAS
XOSÉ LOIS GARCÍA
O 31 de marzo, na presentación da Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada, xurdiu do público unha pregunta sobre a función e o deterioro da ábsida ou presbiterio de Santa María de Pesqueiras. A resposta foi un tanto simplificada por parte miña. Mais aquí podo abondar en certos puntos do significado e misión que tiña e ten un presbiterio, cabeceira da igrexa e no que conflúen varios temarios nesa estrutura arquitectónica creada en función da liturxia. Tanto as ábsidas semicirculares como rectangulares, conforman unha serie de elementos onde se configura un ritual que transcende para o resto da nave desde ese escenario.
Os construtores de catedrais, mosteiros e igrexas medievais, comezaban o seu obradoiro pola cabeceira, que é o presbiterio e no seu centro colocaba a autoridade mitrada, con grande solemnidade, a pedra angular que representa a Xerusalén celestial e que se inscribe dentro das dimensións que se citan no Apocalipse. A actuais estruturas absidais veñen a ser unha configuración desas dimensións. Por tanto, a sacralización deste espazo debe contemplarse desde varias connotacións, todas elas necesarias e importantes para observar nos templos románicos a configuración tan especial como son os presbiterios, o lugar dedicado aos sacerdotes e oficiantes dos diversos ritos que se destacan na cabeceira dese corpus.
Foto: Xosé Lois García©
Vano interior da ábsida de Santa María de Pesqueiras
Ese lugar elevado, por tres pasos e delimitado polo arco toral que o separa da nave, converteuse no espazo mais sacralizado do recinto, onde se desenvolve toda a ritualidade tipificada na canónica católica. No fondo e no centro estaba o altar, o lugar de sacrificios, que ven a significar o altar que Noé elevou no monte Sinaí e nel ofreceron sacrificios os patriarcas de Israel. Que ven a representar o Tabernáculo do Antigo Testamento e todas aquelas ofrendas e alianzas até chegar á sacrificio de Cristo, que no altar revívese esa acción.
Eses tres pasos ascendentes simplifican a elevación do lugar, cara o ceo e o misterio. Unha representación do monte Sinaí e de Sión, con tanto significado para xudeus e cristiáns, pero sobre todo ven a ser o prototipo do monte Gólgota, o punto central do sacrificio de Cristo. A altura dos presbiterios non é para que se observe mellor ao oficiante, como pensan moitos, senón para concretar a elevación do sagrado. Antes do Concilio Vaticano II o sacerdote comezaba a misa posicionábase no primeiro paso, e dicía: Introibo ad altare Dei(Subirei ao altar de Deus), este versículo do salmista, abría a liturxia da misa e matizaba a fórmula ascensional do oficiante.
Foto: Xosé Lois García©
Detalle da pintura mural da ábsida de Santa María de Pesqueiras
Nesa cabeceira, centro sacralizado e separador entre os oficiantes e os fieis, priorizaban outras connotacións no formato arquitectónico, ademais da súa elevación o estrado é sempre de pedra, como confirmando as palabras de Xesús: “E eu asegúroche que ti es Pedro, a pedra; e sobre esta pedra vou edifica-la a miña Igrexa”· O fundamento desa edificación era Xesús de Nazaret. Abondan outros textos como na Epístola aos Corintios. Paulo, di: “Todos comeron o mesmo alimento espiritual, pois beberon da pedra espiritual: esa pedra é Cristo“. San Paulo en Efesios, 3,3 subliña: “Edificados sobre o alicerce dos apóstolos e dos profetas, sendo a pedra angular Cristo Xesús”. Non continuamos con mais remitencias ao que representa esa pedra angular ou esquinada. Nesta dirección apuntaron os condutores da patrística, confirmando que tódalas construcións de templos tiñan que ser de pedra, ou asentadas en rochedos.
Nestes dous mil anos de cristianismo, en seus diversos procesos, os templos estiveron sometidos a conceptos teologais, a reformas monásticas e un longo etc. Mais as ábsidas de igrexas, priorados, e mosteiros románicos foron erixidos con rigor beneditino e austeridade cisterciense. O modelo do presbiterio de Pesqueiras, ofrece cambios ao que foi o orixinal, cando o habitaron freiras beneditinas. Como todos o deste estilo, tiñan un coro con sitial pétreo que ocupaba todo o círculo presbiteral. Pese a esas alteracións, aínda conserva o formato orixinal cuxa bóveda é de pedra e que só se verifica no caso Pesqueiras, o Convento e Requeixo, no que concirne ao espazo de Chantada. Tres exemplares que nos remiten a esa riqueza arquitectónica non improvisada, e si confirmada no poder económico que tiña a comunidade beneditina de Pesqueiras. O costo dunha cúpula destas dimensións era alto. Mais as comunidades que a habitaban eran conscientes que ese tipo de cúpulas aportaban unha serie de condicións acústicas e creaban un efecto que noutras igrexas era de menor intensidade. Isto potenciou en Pesqueiras esa modalidade tradicional de música coral, melódica e harmónica, enriquecendo o son daquel coro de voces beneditinas e, tamén, de cregos que en seus oficios primaron seus cantos litúrxicos.
No presbiterio de Pesqueiras houbo alteracións desde que a comunidade feminina deixou de existir en 1499. As pinturas renacentistas do século XVI, impuxeron outra luminosidade que non modificou nin foi agresiva coa estrutura románica. O Concilio de Trento, finais do XVI, decretou que os oficiantes revestíranse nun espazo privado e non no mesmo presbiterio, isto permitiu abrir agresivos acesos e construír sancristías. Non foi o caso de Pesqueira que por estar nun terreo moi accidentado non permitía a construcións nesas pendentes, deseñouse un retablo onde a sancristía ficada detrás do mesmo. Unha óptima opción para non estragar a ábsida. Mais os retablos ordenados por Trento e o exceso de imaxes cargaron ese espazo que o desvirtuaron de súas orixes e eliminaron a funcionalidade acústica. Púlpitos e mobles anularon en certa maneira a construción orixinaria e moitas das súas atribucións estéticas. Así foi como os presbiterios foron acumulando tantas cousas que romperon co formato orixinal, sobre todo na independencia que tiña e no factor acústico.
Con todos estes procesos de cambio e depredación, a ábsida de Pesqueiras preserva a súa orixinalidade, despois do restauro das pinturas e da eliminación do retablo. Así, e non con moito esforzo, foise normalizando o contexto orixinal desta construción románica que se conserva no rigor dese formato.
Ecos do Románico, 7-5-2012.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)